Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de marzo de 2019 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/270/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 25 de febreiro de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación residencial e cuberta curva na avenida Europa 100, parroquia de Alcabre, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Ángel Fernández Domínguez, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística