Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18407

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019.

Advertido un erro no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 5682, onde di:

«3. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período xustificación

Documentación

Data límite presentación

1ª xustificación: mensualidades de xullo a outubro de 2019, ambos os meses incluídos

A documentación indicada nas epígrafes a), b), d), e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo

15 de decembro de 2019»

Con esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao primeiro ano de contrato e aos contratos que efectivamente se enviasen con anterioridade a esta data

Debe dicir:

«3. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período de xustificación

Documentación

Data límite de presentación

1ª xustificación: desde o comezo dos contratos ata outubro de 2019, este incluído

A documentación indicada nas epígrafes a), b), d), e), f), g), h) do punto 2 deste artigo.

15 de decembro de 2019»

Con esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao primeiro ano de contrato e aos contratos que efectivamente se enviasen con anterioridade a esta data.