Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 26 de marzo de 2019, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-00308-O-2019 e dous máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-00308-O-2019 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 26 de marzo de 2019

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción

proposta

PO-00308-O-2019

PO-9057-BD

77009455G

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

16.7.2018; 11.20; PO-542; 5,5

Art. 141.25 en relación

co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-00310-O-2019

PO-9057-BD

77009455G

A realización de transporte privado carecendo de

autorización.

16.7.2018; 11.22; PO-542; 5,5

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-02455-O-2018

2053-DGM

76981214F

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

13.3.2018; 16.23; N-550; 148,5

Art. 141.25 en relación

co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros