Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de marzo de 2019, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Godos (Caldas de Reis-Pontevedra).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Godos (Caldas de Reis-Pontevedra), que con data do 14 de marzo de 2019, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial de Galicia, e en cumprimento do establecido no seu artigo 35, unha vez revisada a documentación e planos que o compoñen, polo presente acto apróbase o Acordo da zona de concentración parcelaria de Godos (Caldas de Reis-Pontevedra).

Conforme o establecido no número 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

Pontevedra, 29 de marzo de 2019

María José Pérez Gil
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra