Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18398

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 29, do 11 de febreiro de 2019, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 8625, no anexo II, Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, marzo, abril, maio, xullo e agosto de 2018, onde di:

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Carballeda de Avia, para a reparación, restauración ou mitigación dos danos e efectos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017.

340.583,73 €

30.7.2018

Debe dicir o seguinte:

348.083,73 €

30.7.2018