Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (127/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 127/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Beatriz González Bea contra a empresa Fórmula Cambados, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza de data 7.3.2019, impugnable en recurso de suplicación no prazo de cinco días, a cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fórmula Cambados, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza