En sesión que tivo lugar o día 3 de abril de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG número 48, do 8 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,
ACORDOU:
Que o primeiro exercicio terá lugar o día 10 de maio de 2019, e que o lugar de realización será a Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela), no salón de actos e aula 1, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2019
Dámaso Pérez Vale
Presidente do tribunal