Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 20 de marzo de 2019 pola que se notifica a Resolución do 31 de xaneiro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 8, sito en Monforte de Lemos, relativo ao proxecto 01775 (expediente 2018/000902).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

Primeiro. Notificar mediante esta cédula aos herdeiros de Consuelo de la Torre Valcarce o Acordo do 31 de xaneiro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 8, sito en Monforte de Lemos, relativo ao proxecto 01775 (expediente 2018/000902), cuxos datos se relacionan no anexo.

Segundo. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

Terceiro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Cuarto. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2019

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01775-LMT, CT, RBT derivada Fiolleda-Figueira. Expediente 003/2016 AT. Tm Monforte de Lemos.

Nº de expediente: 2018/000902.

Persoa que se vai a notificar: herdeiros de Consuelo de la Torre Valcarce.

Expropiante: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xefatura Territorial de Lugo.

Expropiados: herdeiros de Consuelo de la Torre Valcarce.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio nº: 8.

Concello: Monforte de Lemos.

Provincia: Lugo.

Valoración da resolución do Xurado: 350,57 €.