Advertido un erro na indicada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 65, do 3 de abril de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:
1. Na páxina 17202, no primeiro parágrafo, onde di: «...publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural do 12 de febreiro de 2018 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.», debe dicir: «...publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural do 6 de febreiro de 2018 (publicada no DOG núm. 30, do 12 de febreiro) pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.».