Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18183

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.

BDNS (identif.): 448846

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia ben na modalidade presencial ben na modalidade a distancia, que fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e que obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Segundo. Obxecto

Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e que cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde ECD/482/2018, do 4 de maio (BOE do 11 de maio), pola que se regulan os premios nacionais de bacharelato establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cuarto. Importe

Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2019 e rematará o día 28 de maio de 2019.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional