Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de marzo de 2019, da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, polo que se notifica a citación para a vista oral de varios expedientes tramitados por este organismo (expediente XA 32/18 e catro máis).

Nas datas que para o efecto se indican no anexo rexistráronse nesta dirección xeral as reclamacións que, así mesmo, se sinalan para a súa tramitación pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia. Xa que logo, e segundo o disposto no artigo 9.3 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de ordenación de transportes terrestres, acordouse a citación de ambas as dúas partes para unha vista oral. O artigo 9.6 da mesma norma establece que «en relación coas notificacións ás partes, que serán realizadas pola Secretaría das xuntas, será de aplicación a lexislación de procedemento administrativo», polo que esta secretaría intentou facer a notificación presencial do dito acordo consonte o artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. Porén, a notificación non puido ser completada para unha ou varias das partes.

En consecuencia, e segundo o disposto no artigo 44 da mesma lei, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas ou entidades interesadas o contido esencial das citacións, o cal figura no anexo. De acordo co mesmo artigo, e sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A documentación relativa ás reclamacións está á disposición das partes na Secretaría da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (teléfonos de contacto 981 54 45 65 e 881 99 50 76).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2019

David Conde Varela
Secretario da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia

ANEXO

Información común para todos os expedientes:

– No caso de persoas ou entidades que teñan a consideración de reclamantes, a súa comparecencia a esta vista é obrigatoria, de maneira que se non asisten se terán por desistidos/as na súa reclamación. Non obstante, se asiste a parte reclamada e se opón a ese arquivamento, celebrarase a vista mesmo na súa ausencia se a Xunta Arbitral así o acorda (artigo 9.5 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro).

– No caso de persoas ou entidades que ocupen a posición de reclamadas, a súa incomparecencia non impedirá que se celebre a vista nin que se dite o laudo. En caso de incomparecencia da parte reclamante, a reclamación arquivarase sen máis trámite, agás que a parte reclamada asista e se opoña ao dito arquivamento. Nese caso, celebrarase a vista igualmente se a Xunta Arbitral así o acorda.

– Sen prexuízo do anterior, a comparecencia de calquera das dúas partes poderase facer persoalmente ou por medio de representante, acreditando, neste último suposto, a representación con que se afirma actuar. En calquera dos dous casos, a persoa que asista ao acto da vista deberá presentar o seu DNI ou outro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

– Así mesmo, as persoas que acudan á vista oral deberán ir provistas de todos os documentos que permitan xustificar aquilo que aleguen na súa defensa, e poderán achegar calquera outra proba que consideren oportuna.

Expediente

Data de rexistro

Reclamante(s)

Reclamado(s)

Parte pendente de notificar

Último enderezo coñecido

NIF

Data, hora e lugar da vista oral

XA 499-18

30.10.2018

Rubén Amor Becerra

Francisco Luis Rodríguez Collantes (Isletrans)

Francisco Luis Rodríguez Collantes (Isletrans)

R/ Moreras, 3 - nave 17 P.E. - Camporrosso Sur - Ciempozuelos 28350 Madrid

NIF ***7463**

11.6.2019

4.20 PM horas

Xunta de Galicia – sala E (Edificio Pirámide) – San Caetano, s/n – Santiago de Compostela

XA 32-18

6.2.2018

Hugetrans Logistics, S.L.

Manuel Álvarez Rodríguez (Trans Álvarez Vigo)

Manuel Álvarez Rodríguez (Trans Álvarez Vigo)

Rúa Xeme, 61, Bembrive - Vigo 36214 Pontevedra

NIF ***5135**

28.5.2019

5.00 PM horas

Xunta de Galicia – sala E (Edificio Pirámide) – San Caetano, s/n – Santiago de Compostela

XA 429-18

3.8.2018

Transportes Crespo y Cousido, S.L.

Javier Rodríguez Míguez

Javier Rodríguez Míguez

O Mosteiro, 28 A - Pazos de Borbén 36842 Pontevedra

NIF ***0002**

28.5.2019

5.10 PM horas

Xunta de Galicia – sala E (Edificio Pirámide) – San Caetano, s/n – Santiago de Compostela

XA 459-18

9.8.2018

Granxatrans Porriño, S.L.

Víctor Carrera Padilla

Víctor Carrera Padilla

R/ Estrecha, 6, Parada de Ribeira - Xinzo de Limia 32635 Ourense

NIF ***8270**

28.5.2019

5.20 PM horas

Xunta de Galicia – sala E (Edificio Pirámide) – San Caetano, s/n – Santiago de Compostela

XA 475-18

11.7.2018

Seur Geopost, S.L.U.

Mohamed Nouri (Comercial Florida)

Mohamed Nouri (Comercial Florida)

R/ San Sebastián, 21 - Xinzo da Limia 32630 Ourense

NIF ***7195**

28.5.2019

5.30 PM horas

Xunta de Galicia – sala E (Edificio Pirámide) – San Caetano, s/n – Santiago de Compostela