Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 26 febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas nos procedementos administrativos (expediente BS210A LU-000036435 e tres máis).

De conformidade co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, notifícanse as resolucións ditadas nos procedementos instados polas persoas interesadas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no centro base na rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra as resolucións que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 26 de febreiro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/PROCBS210A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000036435

Y1172082-Q

Resolución por renuncia

15.5.2018

LU-0000035190

33576152-Q

Resolución por renuncia

8.3.2018

LU-0000018734

33331876-T

Resolución por renuncia

14.1.2019

LU-0000032562

33720603-G

Resolución por renuncia

14.1.2019