Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 24 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Mundil (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro da resolución que se notifica.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural.

Ourense, 20 de marzo de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 24 de setembro de 2018.

Interesados:

Mª Isabel Álvarez Sousa

María Mourille Suárez

Mª Luisa Feijóo González

Argimiro Álvarez Sousa

Óscar Castro Sousa

Celso Feijóo Calviño

José María Pérez Rodríguez

Monte Veciñal en Man Común de Gueral de Arriba

José Rodríguez Rodríguez

Florinda Rodríguez Pereiro

Delmiro Villar Rodríguez

Mª Auxiliadora Villar Rodríguez

Fernando Martínez Pérez