Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CEDULA do 22 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social 76715766W/22/02/2019/2.1.E e dous máis.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e queda condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e que, contra ela, cabe formular recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderanse presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, se non formularen recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 22 de febreiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

76715766W

76715766W/

22/02/2019/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego.

10035986M

10035986M/

10/12/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego.

49714792Q

49714792Q/

17/12/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego.