Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 12 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasística de distribución denominado modificación do trazado do desprazamento da rede da Coruña MOP 16 bar ramal 1-2 por execución das obras do parque de actividades económicas de Arteixo (Acteca) promovido por Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2018/33-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia, S.A. con CIF nº A66560152, e con enderezo para os efectos de notificación na avenida de América, 38, CP 28028 Madrid.

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para executar a infraestrutura gasística correspondente á canalización de rede e instalacións auxiliares que conectan coa rede existente nas inmediacións do parque de actividades económicas de Arteixo (Acteca), no municipio de Arteixo, provincia da Coruña:

– Conexión á tubaxe existente de 10” mediante soldadura dunha te de toma en carga de 10” con reforzo circular completo.

– Dobre conexión á tubaxe existente de 8” mediante soldadura dunha te de toma en carga de 8” con reforzo circular completo en vértice VC-17/26D-9 e mediante soldadura en liña augas abaixo do vértice VC-17/26D-6-3 (contando o cap existente).

– Canalización de gas natural con MOP = 16 bar de 127 m de lonxitude total desde a TTC de 10” no vértice VC-17/26D-1 ata o vértice VC-17/26D-7. A tubaxe de aceiro será de diámetro 10” e espesor 4,0 mm, segundo UNE EN 3183 Gr. L245. Incorpora unha te igual de 10” no vértice VC-17/26D-6 e redución 10×8” no vértice VC-17/26D-6-1 para a súa posterior conexión a rede existente de 8” para a subministración á E.M. que fornece o trazado para modificar.

– Canalización de gas natural con MOP = 16 bar de 31 m de lonxitude, continuación do trazado anterior e con inicio nunha redución 10×8” no vértice VC-17/26D-7 ata o vértice VC-17/26D-9. A tubaxe de aceiro será de diámetro 8” e espesor 4,0 mm, segundo UNE EN 3183 Gr. L245.

– Instalación dunha válvula de 8” entre os vértices VC-17/26D-7 e VC-17/26D-8.

– Instalación de tritubo para telecomunicacións paralelamente á rede de gas.

– Orzamento 23.477,29.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de vinte (20) días a partir da data da última publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña.

A Coruña, 12 de marzo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña