Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17968

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual sétima das normas subsidiarias do planeamento de Bergondo. Corrección de erros materiais (expediente 2017/X999/000101).

O Pleno municipal de Bergondo na súa sesión ordinaria do 28 de febreiro de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual sétima das normas subsidiarias de Bergondo. «Corrección de erros materiais», documento para aprobación inicial. Xaneiro de 2019, redactado pola arquitecta María Ríos Carballeira. O que se fai público para xeral coñecemento.

O instrumento de planeamento e o expediente sométense a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co previsto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado, mediante ligazón na páxina web do Concello (http://bergondo.gal/) ou mediante consulta nas oficinas do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente municipal, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Esta aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias de planeamento non comporta a suspensión de licenzas de ningún tipo, por non afectar a clasificación, a cualificación urbanística, os parámetros das ordenanzas e o aproveitamento urbanístico.

Bergondo, 14 de marzo de 2019

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa