De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0178/2019-PPM e nove máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 25 de marzo de 2019
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-0178/2019-PPM |
53481800S |
Inicio |
A Ponte de San Francisco, 26, Noia |
PSC-CO-0241/2019-PPM |
44453989A |
Inicio |
Rolda de Outeiro, 325 (Padre Rubinos), A Coruña |
PSC-CO-0246/2019-PPM |
76969947X |
Inicio |
A Pesqueira, 241, Cabo de Cruz, Boiro |
PSC-CO-0247/2019-PPM |
76778145M |
Inicio |
A Pesqueira, 193, Cabo de Cruz, Boiro |
PSC-CO-0255/2019-PPM |
54227410B |
Inicio |
A Pesqueira, 241, Cabo de Cruz, Boiro |
PSC-CO-0258/2019-PPM |
53485439C |
Inicio |
A Angustia, 49, A Pobra do Caramiñal |
PSC-CO-0259/2019-PPM |
47361119W |
Inicio |
Socorro, 5, 1º A, A Coruña |
PSC-CO-0263/2019-PPM |
53489347H |
Inicio |
Baroña, 4, Porto do Son |
PSC-CO-0283/2019-PPM |
Y0520524W |
Inicio |
Ramón y Cajal, 18, 5º J, A Coruña |
PSC-CO-0300/2019-PPM |
52938787D |
Inicio |
Arcos Moldes, 3, 4º D, Rianxo |