Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2016/877-1, nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 26 de marzo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/877-1.

Entidade beneficiaria: Naturgy Renovables, S.L.U.

Denominación da instalación: liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II.

Concellos: Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas.

Finca

Concello

Titularidade proposta

Data ocupación

159

Cabana de Bergantiños

Herdeiros de Asunción Senande Ramos

26.3.2019