Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do depósito dos estatutos da organización sindical TGU Traballadores Galegos da Universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 28 de febreiro de 2019, os estatutos da organización sindical TGU Traballadores Galegos da Universidade, de acordo co seguinte:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderanse afiliar os traballadores e traballadoras da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Asinan a acta de constitución: Francisco V. Otero Martís, Álvaro Vázquez Salgueiros, Manuel Fernández Iglesias, Mª Carmen Pazo Regueiro, José Ramón Basante Barbazán, Mª José Otero Parga.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego