Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: parque empresarial das Gándaras, rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: novo CT Vilaoudriz.
Situación: concello da Pontenova.
Características técnicas:
– LMT soterrada con orixe no apoio A40091 da LMT aérea A Pontenova e final no CT proxectado, cunha loxitude de 30 metros en condutor RHZ1-150.
– CT prefabricado novo CT Vilaoudriz, cunha potencia máxima admisible de 250 kVA e unha potencia instalada de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
– Liña soterrada de baixa tensión con orixe no cadro de baixa tensión do novo CT Vilaoudriz e final nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio de formigón, formada por dous circuítos cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RV-150.
– Liña aérea de baixa tensión con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio de formigón e final nas RBT existentes, cunha lonxitude de 80 metros en condutor tipo RZ-95.
– Desmontaxe da LMT aérea derivación CT Vilaoudriz e da caseta do CT Vilaoudriz.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, tendo en conta a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e as competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 13 de marzo de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo