Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo no expediente PR204A 2018/4413-2 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 13 de marzo de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Resolución

Parte contraria no procedemento

PR204A 2018/4413-2

Recoñecemento do dereito

Carlos Varela Piñeiro

PR204A 2018/4415-2

Denegación do dereito

Carlos Varela Piñeiro

PR204A 2019/321-2

Recoñecemento do dereito

María Juana Veiga Santiso

PR204A 2019/356-2

Recoñecemento do dereito

María Dolores Fernández Fernández

PR204A 2019/387-2

Arquivamento do expediente

Fco. Javier Arias Paz

PR204A 2019/504-2

Recoñecemento do dereito

Sandra García Vizcaíno

PR204A 2019/520-2

Recoñecemento do dereito

Vicente Moreno Lorenzo

PR204A 2019/523-2

Recoñecemento do dereito

Forserge, S.L.U.

PR204A 2019/526-2

Recoñecemento do dereito

Tito Fernández Rego

PR204A 2019/590-2

Recoñecemento do dereito

Okabel Mena Taveras

PR204A 2019/649-2

Recoñecemento do dereito

Marcela Lince Gómez

PR204A 2019/697-2

Recoñecemento do dereito

Juan Manuel Tobío Souto