Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2019 Páx. 17782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a un interesado as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha liña eléctrica no concello da Pastoriza (Lugo) (expediente IN407A 2017/2-0).

Por Resolución do 6 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 31 de outubro de 2018, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, da LAT 132 kV sub. PE Carracedo-Ap nº 16 LAT 132 kV Ap nº 35 LAT sub. Mondoñedo-sub. Meira a sub. PE Farrapa I, Farrapa II, Neda, no concello da Pastoriza (Lugo), e promovida pola sociedade Norvento Estelo, S.L.U. (IN407A 2017/2-0).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse a persoa interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

A persoa interesada ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesado

Acto que se notifica

-

-

-

A Pastoriza

Explotaciones Mineras Gallegas, S.L.

(Rpte. Néstor Torre Arias)

Autorizacións administrativas previa e de construción e declaración de utilidade pública