Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17518

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 43/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 43/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pose Vieites contra Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, S.L.U., Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza número 36/2019 con data do 25 de xaneiro de 2019, ditada no procedemento ordinario 584/2017 a favor da parte executante, José Pose Vieites, fronte a Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, S.L.U., Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Fogasa, parte executada, en forma solidaria, por importe de 13.915,28 euros en concepto de principal (12.058,59 euros en concepto de diferenzas salariais e salarios, 1.856,69 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.391,52 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina o/a xuíz/a. Dou fe.

O/a xuíz/a. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir os executados Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, S.L.U., Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 13.915,28 euros en concepto de principal (12.058,59 euros en concepto de diferenzas salariais e salarios, 1.856,69 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.391,52 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando este importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0043 19), con apercibimento de que, en caso de non formalizar o requirimento no prazo conferido, se realizará o embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, S.L.U., Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, S.L.U., Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza