Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade da parte dispositiva da sentenza número 582/2018, do 26 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 26 de novembro, pronunciou a sentenza número 582/2018, ditada no procedemento ordinario número 4352/2016, interposto por Luís García Rodríguez, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Luís García Rodríguez contra a Orde do 28 de abril de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se aprobou definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Porto do Son, e declarmos a nulidade parcial do planeamento, no que se refire á clasificación da parcela con referencia catastral 9500314MH9390S0001TI, cos seguintes pronunciamentos:

1º Recoñecer a natureza do solo urbano consolidado ao dito predio descrito na demanda.

2º Ordenar que se axuste á delimitación do sector de solo urbanizable de uso residencial SU-R-06 “XIO 1”, excluíndo del a dita parcela descrita na demanda.

Todo iso coa imposición das custas procesuais ás partes demandada e codemandada, co límite total de 1.500 euros por todos os conceptos, cifra que se distribuirá por partes iguais entre ambas as partes».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo