Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se cita as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de danos ao dominio público viario 191/2018-CO e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen do prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña.

Despois de transcorrer o dito prazo sen que as persoas interesadas comparezan, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 27 de febreiro de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada

Acto notificado

191/2018-CO

Juan José Calvo Gómez

Resolución

207/2018-CO

Mª José Galán Patiño

Resolución

209/2018-CO

Mª Julia Rodríguez Dopico

Resolución

278/2018-CO

José Antonio Díaz Pereira

Resolución