Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17338

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de corrección das bases que rexerán a cobertura dunha praza de oficial da policía local para este concello, por mobilidade, correspondente á oferta de emprego de 2014.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 203, do 4 de setembro de 2018, foi publicada a corrección das bases que deberán de rexer a cobertura dunha (1) praza de oficial da policía local para o Concello de Ourense, por mobilidade, correspondente á oferta de emprego de 2014.

O novo prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios da Corporación e, cando proceda, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Ourense, 14 de febreiro de 2019

O alcalde
P.D. (Acordo do 2.5.2018)
Flora Moure Iglesias
Concelleira delegada de Recursos Humanos