Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador en materia de animais domésticos e salvaxes en catividade ANI-CO-0010/2017-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado pola secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada secretaría xeral técnica ten a súa sede na rúa San Lázaro, s/n, do termo municipal de Santiago de Compostela.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida, a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2019

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente: ANI-CO-0010/2017-V.

Interesado: José Luis Vérez Fraguela.

Acto notificado: resolución de recurso.