Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17140

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2889/2018-GA).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2889/2018-GA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1224/2013 Xulgado do Social número 4 da Coruña

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 2889/2018 desta sala, seguido por instancia de Josefa Alén Núñez contra Fogasa, a empresa Galicia Saudade, S.L., Francisco Javier Castro López, o Concello de Arteixo (A Coruña), as empresas OHL Servicios-Ingesan, S.A. e Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., a administración concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), Jaime Juncal Iglesias e Jesús Iglesias Lira, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto por Josefa Alén Núñez fronte á Sentenza do 2 de outubro de 2017, do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditada nos autos número 1224/2013, todo isto cos seguintes pronunciamentos:

1º. Revogamos o pronunciamento absolutorio na instancia respecto do Concello de Arteixo, estimando en parte a demanda interposta contra el, e declaramos a súa responsabilidade solidaria en relación coa condena realizada na instancia ata o importe de 3.908,02 euros, máis os xuros do artigo 29.3 do ET.

2º. Mantense o resto de pronunciamentos de condena e absolutorios realizados na instancia.

3º. Sen custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Galicia Saudade, S.L. e a Francisco Javier Castro López, Jaime Juncal Iglesias e Jesús Iglesias Lira, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza