Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 26 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento abreviado 48/2019, seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Julio Otero Feijoo e María Rodríguez Vázquez interpuxeron recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento abreviado, coa referencia 48/2019, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela. O dito recurso contencioso-administrativo ten por obxecto a lista definitiva de interinos e substitutos para o curso 2018/19 para a cobertura de postos da especialidade de Organización e Xestión Comercial do corpo de profesores de ensino secundario nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en relación co disposto na disposición adicional primeira do Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias, na versión desa disposición feita pública no DOG do 7 de marzo de 2018.

De conformidade co disposto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer como demandados, se o consideran oportuno, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela (sito na rúa Berlín, s/n, Santiago de Compostela) no prazo de 9 días, co obxecto de constituírse como parte interesada no proceso xudicial indicado. Ese prazo de 9 días comeza a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2019

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos