Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PE 401B 2018/509-5.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PE 401B 2018/509-5.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Vigo, 18 de marzo de 2019

A xefa territorial de Vigo
P.D. (Resolución do 17.10.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PE 401B 2018/509-5

76808922P

Resolución

Lugar Fraga, nº 8, 36959 Moaña, Pontevedra