Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2019 pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de produtos de alimentación non perecedoiros destinados aos centros prestadores de servizos sociais dependentes desta consellería (expediente 71/2017).

En cumprimento do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 71/2017.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=249859

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de produtos de alimentación non perecedoiros destinados aos centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Política Social.

c) División por lotes: si.

d) CPV: 03000000-1 Produtos da agricultura, gandaría, pesca, silvicultura e produtos afíns. 15000000-8 Alimentos, bebidas, tabaco e produtos afíns.

CPA: A 01 Produtos da agricultura, a gandaría e a caza, e servizos relacionados con estes.

C 10 Produtos alimenticios.

C 11 Bebidas.

e) Acordo marco: non.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Política Social.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 11.1.2018, 23.1.2018 e 29.1.2018, respectivamente.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado (doce (12) meses de duración ordinaria e posible prórroga): 3.930.488,14 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de formalización: 11 de marzo de 2019.

b) Contratista: Plataforma Femar, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación (doce (12) meses de duración ordinaria): 1.664.773,80 euros (sen IVE).

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2019

A conselleira de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social