Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de marzo de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, clave AC/06/140.01.75, no concello de Coristanco, por enderezo descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, clave AC/06/140.01.75, no concello de Coristanco.

A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A Coruña, 14 de marzo de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Interesado

Acto que se notifica

AC/06/140.01.75

258

Jesús Villar Reino

Trámite de audiencia