Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17147

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 740/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 740/2018, seguido por instancia de Migual Balbís Babío contra a mercantil Industrias y Talleres del Barcés, sobre reclamación de cantidade, se ditou Sentenza núm. 44/2019, do 30 de xaneiro de 2019, en que se estima a demanda, e contra a cal non cabe interpor ningún recurso. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Industrias y Talleres del Barcés, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza