Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 16984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se emprazan os interesados para ser notificados por comparecencia no expediente LU-RES-2018-043 e LU-RES-2018-046.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta dirección xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, código postal 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto notificado

LU-RES-2018-043

X0053261Q

Resolución

LU-RES-2018-046

33331671W

Resolución