Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 17004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción da Vía Ártabra, treito: N-VI-AP-9, de clave AC/04/156.01.4.1, nos concellos de Cambre, Oleiros e Sada.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 20 de decembro de 2018 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da Vía Ártabra, treito: N-VI-AP-9, de clave AC/04/156.01.4.1, nos concellos de Cambre, Oleiros e Sada, polo Decreto 175/2018, publicado no Diario Oficial de Galicia con data do 21 de xaneiro de 2019.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Cambre, Oleiros e Sada, para que comparezan no lugar, nas data e nas horas que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Sada.

Lugar: Concellería de Urbanismo (avenida del Puerto, 24).

Data: 22 de abril de 2019, das dez horas trinta minutos ás doce horas.

Termo municipal de Oleiros.

Lugar: Casa Charry.

Data: 23 de abril de 2019, das dez horas trinta minutos ás trece horas.

Termo municipal de Cambre.

Lugar: Casa Consistorial.

Data: 24 de abril de 2019, das dez horas trinta minutos ás trece horas, desde o A, ata Fariña Pan, Juan José.

Data: 25 de abril de 2019, das dez horas trinta minutos ás trece horas, desde Fernández Lafuente, Mª Luisa e tres máis, ata Novo Taboada, herdeiros de Francisco.

Data: 26 de abril de 2019, das dez horas trinta minutos ás trece horas, desde Pan Maquet, Lino e cinco máis, ata o Z.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de Cambre, Oleiros e Sada, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa costa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

A Coruña, 13 de marzo de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña