Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de reforma interior PE-1.1 para vivenda de promoción pública, no concello de Oímbra (expediente 2018AAE2281; código 2156/2018).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 7 de marzo de 2019, sobre o Plan especial de reforma interior PE-1.1 para vivenda de promoción pública, no concello de Oímbra.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet
https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático