De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o acordo do inicio do procedemento de reintegro nos correspondentes expedientes de subvención.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo de quince días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren pertinente, entre a cal debe constar unha relación da variación das altas e baixas do persoal adscrito, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles que, de non presentaren alegacións en tempo e forma, se ditará a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.
A Coruña, 15 de marzo de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Empresa |
NIF |
Concello |
Materia |
Data resolución |
TR349A 2013/218-1 |
Albealia Restauración Coruña 1, S.L. |
B70369830 |
Culleredo |
Subvención á contratación indefinida inicial |
26.2.2019 |
TR349A 2013/224-1 |
Francisco J. Carmona Villanueva |
****9609* |
A Coruña |
Subvención á contratación indefinida inicial |
26.2.2019 |
TR349A 2013/262-1 |
Servicios Agrarios Don Tirso, S.L. |
B94057676 |
Vedra |
Subvención á contratación indefinida inicial |
26.2.2019 |
TR349A 2013/270-1 |
Deulpo, S.C. |
J70379821 |
Santiago de Compostela |
Subvención á contratación indefinida inicial |
6.3.2019 |
TR349A 2013/315-1 |
Spartana Control Service, S.C. |
J70384409 |
Negreira |
Subvención á contratación indefinida inicial |
6.3.2019 |