Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 14 de marzo de 2019 pola que se fan públicas as resolucións relativas aos expedientes de avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades de Galicia, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 3 de setembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 12 de setembro).

De conformidade co disposto nos artigos 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as resolucións relativas aos expedientes de avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades de Galicia, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 3 de setembro de 2018 (DOG do 12 de setembro), e que, intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido efectuar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG aprobados polo Decreto do 11 de xaneiro de 2018 (DOG do 29 de xaneiro).

A persoa citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela; Lamas de Abade, s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da notificación, advertindo que, no caso de no comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

A resolución de recurso pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnada directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2019

José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO

Identificación

Expedientes

32843304V

103-1A/18-040/PCD

104-1A/18-039/PAD

105-1A/18-026/PUP

36120582W

244-1A/18-091/PAD

36167197L

250-1A/18-101/PCD

251-1A/18-094/PAD

252-1A/18-057/PUP

06241361N

259-1A/18-104/PCD

260-1A/18-098/PAD 

261-1ª/18-059/PUP

48536401F

266-1A/18-100/PAD

267-1A/18-061/PUP

32697377W

281-1A/18-108/PAD