Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16511

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (PO 267/2017).

ORD. Procedemento ordinario 267/2017-C

Procedemento de orixe:

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Comunidade de Propietarios r/ Noya, 55-57

Procuradora: Isabel Tedín Noya

Avogado: Antonio Vázquez López

Demandados: herdanzas xacentes e herdeiros descoñecidos e incertos de José Blanco Núñez

Eu, María Elma Monzón Cuesta, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, por este edicto anuncio que neste procedemento seguido por instancia da Comunidade de Propietarios rúa Noya, 55-57 contra herdanzas xacentes e herdeiros descoñecidos e incertos de José Blanco Núñez se ditou a Sentenza do 30 de xaneiro de 2019, contra a cal cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días.

Ao encontrarse os ditos demandados, herdanzas xacentes e herdeiros descoñecidos e incertos de José Blanco Núñez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

A Coruña, 1 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza