Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16507

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2019 pola que se nomea catedrático de universidade, con praza asistencial vinculada, a José Joaquín Lado Abeal.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión da praza dos corpos docentes universitarios, convocada mediante Resolución conxunta desta universidade e do Servizo Galego de Saúde, do 12 de novembro de 2018 (BOE do 28 de novembro), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dicte resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso: 2400-V/18

Código praza:

A00580

Apelidos e nome:

Lado Abeal, José Joaquín

DNI/NIE

3263****H

Corpo:

Catedrático de universidade vinculado, coa categoría asistencial de facultativo especialista de área

Especialidade:

Endocrinoloxía e Nutrición

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Institución sanitaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Localidade:

Santiago de Compostela