Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal Serra de Picomilla, do concello de Monforte de Lemos (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal Serra de Picomilla, situado na parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello de Monforte de Lemos.

Día: Domingo, 5 de maio de 2019.

Hora: 11.00, en primeira convocatoria, 12.00 en segunda.

Lugar: local social da parroquia de Santa Mariña do Monte.

Concello: Monforte de Lemos.

Orde do día:

1. Aprobación de estatutos.

2. Constitución da xunta xestora.

3. Rolda de intervencións.

Lugo, 12 de marzo de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo