Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de marzo de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no emprazamento do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 02/2019, contra a clasificación do monte Grobas, no concello de Forcarei.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, avenida María Victoria Moreno, 43, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 12 de marzo de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra

ANEXO

Expediente: monte Grobas.

Persoas interesadas: Gonzalo Barreiro Barbeito, Eligio Manuel Bernárdez herdeiros de Jesús Castro Senra, Ricardo Coto Pichel, herdeiros de Victoria Madriñán Santorum, Juan Pablo Martínez Barros, Elena María Moreno González, Domingo Pérez González, Manuel Pernas Paz, Bernardo Rodríguez Fernández e Rosa Torrado Oubiña.

Acto notificado: emprazamento recurso contencioso-administrativo contra a resolución do recurso de reposición do expediente de clasificación do monte Grobas, solicitado polos veciños de Millarada (Forcarei-Pontevedra). Procedemento ordinario 00002/2019.