Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2019/31-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, SDM704 e CS Camiño dos Carreiros.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, en catro tramos:

1. 23 metros; orixe: centro de seccionamento (CS) Camiño Vello; final: apoio proxectado CH-100013P.

2. 704 metros; orixe: CS Camiño Vello; final: CS proxectado Camiño dos Carreiros.

3. 13 metros; orixe: CS proxectado Camiño dos Carreiros; final: punto de acceso proxectado nº 12.

4. 19 metros; orixe: CS proxectado Camiño dos Carreiros; final: paso aerosubterráneo en apoio existente HV-630-11.

Centro de seccionamento con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, situado en Camiño dos Carreiros, Vigo.

Retensado do van aéreo contiguo ao apoio proxectado CH-1000-13P.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1.

Municipio: Vigo.

Lugar: Carneiros.

Titular: Aurora González Iglesias.

Afección: 14,96 m2 de solo para o centro de seccionamento.