Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a unhas interesadas a declaración de utilidade pública, en concreto, a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Monciro (expediente 118-EOL).

Por Resolución do 17 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta, do 13 de decembro de 2018, polo que se declarou a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Monciro, nos concellos de Castroverde e Pol (Lugo), promovido pola sociedade Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (expediente 118-EOL).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Estrella López Boudon (rpta. Carlos Otero López), aos herdeiros de Manuel Cortón Rodríguez (rpta. María Araceli Arias Cortón), aos herdeiros de María Esther Domínguez López, a Manuel Fernández Vázquez, a Canteras Industriales del Bierzo, S.A. (Catisa), para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas