Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acordo de suspensión do expediente sancionador en materia marítimo-pesqueira PSC-PO-1009/2018-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o acordo de suspensión do expediente sancionador en materia marítimo-pesqueira PSC-PO-1009/2018-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

As persoas interesadas dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación, para presentaren un recurso de alzada ante a conselleira do Mar.

Os expedientes relacionados no anexo están á disposición das persoas interesadas na oficina da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 12 de marzo de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-1009/2018-PPM

76932201F

Acordo de suspensión

Camiño do Castro, 1, Campelo, Poio

PSC-PO-1011/2018-PPM

44088494R

Acordo de suspensión

O Vao de Abaixo, 42, Poio