Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 15978

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 157/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 157/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Fernández Ayaso contra Ana María Suárez Muíños e Fondo de Garantía Salarial, se ditaron as seguintes resolucións, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 218/2018, do 26 de abril de 2018, ditada no procedemento ordinario 432/2016 a favor da parte executante, José Ramón Fernández Ayaso, fronte a Ana María Suárez Muíños, Fogasa, parte executada, por importe de 13.904,33 euros en concepto de principal (11.533,65 euros en concepto de salarios, vacacións e indemnización, 2.115,08 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais, que comportan 10.604,43; 55,6 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto da indemnización, que comporta 929,22 euros, 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 1.390,43 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2018.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Ana María Suárez Muíños co fin de que, no prazo de 10 días, aboe a cantidade de 13.904,33 euros en concepto de principal (11.533,65 euros en concepto de salarios, vacacións e indemnización, 2.115,08 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais, que comportan 10.604,43; 55,6 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto da indemnización, que comporta 929,22 euros, 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 1.390,43 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o importe na conta deste xulgado, aberta no Banco de Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0157 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagar sobre eles a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Ana María Suárez Muíños e Fogasa co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Requirir a parte executante José Ramón Fernández Ayaso, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, se poidan obter na presente execución.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ana María Suárez Muíños, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza