De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do proxecto de restauración e abandono da explotación mineira Vilafría 1544.3, concello do Porriño (Pontevedra), promovido por Resmine, S.L.
Este informe de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático