Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 16002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación da explotación mineira Piedras Alvarellos 165, concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), promovido por Miguel Ángel Alvarellos Eiroa (clave 2018/0213).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación da explotación mineira Piedras Alvarellos 165, concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), promovido por Miguel Ángel Alvarellos Eiroa.

Este informe de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático