Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 26 de marzo de 2019 Páx. 16016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo I, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro (expediente IN407A 2017/6-0).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notificase ás persoas interesadas o acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo I, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 8 de marzo de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN 407A 02017/6-0.

Denominación: subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo I, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro.

Acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación.

Predio

Polígono

Parcela

Propietaria

51

119

183

María Esther Domínguez López