Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 25 de marzo de 2019 Páx. 15846

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 112/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 112/2016 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Caslar Mobiliario, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 1 de marzo de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os autos seguidos neste xulgado co número 112/2016, sendo parte neles, dun lado como demandante Carmen Neira Lareo, asistida polo letrado Daniel Pérez López e como demandados Caslar Mobiliario, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Pola parte demandante presentouse demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, en que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravada no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido.

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Carmen Neira Lareo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Caslar Mobiliario, S.L., a que aboe a aquela a cantidade de 11.898,72 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de consignar a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para impugnar.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino».

Publicación. Esténdoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Caslar Mobiliario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza